17 Febreiro, 2025
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 7 de febreiro de 2025, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Poderán solicitalos persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria.
Hai dúas modalidades:
- Cursos presenciais: Celga 2, Celga 3 e Celga 4
- Cursos en liña: Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Prazo: 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.
Para ver datas, lugares e horarios dos cursos presenciais consultar anexo I da resolución do DOG no enlace que se sinala máis abaixo.
Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso. Do contrario quedará automaticamente excluída do proceso de selección. A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes, así como a presentación de solicitudes fóra de prazo, tamén darán lugar á exclusión automática.
Se un curso ten máis solicitantes que prazas dispoñibles, a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro. A orde de entrada das solicitudes de inscrición será indiferente.
A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, pois trátase de cursos preparatorios das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga).
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250207/AnuncioG0766-030225-0001_gl.pdf
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:
https://formacion-lingua.xunta.gal/
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746/ 881982158
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00