24 Febreiro, 2025
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de febreiro as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2025.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Código de procedemento: ED312C
Requisitos:
- Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a un ciclo formativo de grao medio e teñan 17 anos ou os fagan durante o 2025
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Código de procedemento: ED312D
Requisitos:
- Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a un ciclo formativo de grao superior e teñan 19 anos ou os fagan durante o ano 2025
Prazo de inscrición: Do 24 de febreiro ao 12 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250213/AnuncioG0761-040225-0003_gl.pdf
OU CONTACTAR COA CASA DE PEDRA
981737004
LUNS A VENRES: 9:00 - 14:00