PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Preofesional publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 3 de marzo pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.

 

Código do procedemento: ED534A

 

Requisitos das persoas aspirantes:

 

  • Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2025
  • Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente a efectos académicos.
  • Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2024/25


Prazo de presentación de solicitudes: do 6 ao 19 de marzo de 2025 (ambos os dous incluídos)


Resolución do DOG: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250303/AnuncioG0761-240225-0001_gl.pdf

 

 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 

CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746 / 881982158   
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 - 14:00