Opcións para todas as idades para conmemorar o Día das Letras Galegas

Opcións para todas as idades para conmemorar o Día das Letras Galegas

  • Hai actividades programadas para os días 15, 16 e 17 de maio.

 

O Concello de Camariñas publicou a súa programación de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2025, que se dedica ás cantareiras e á poesía popular, e que contén opcións para todas as idades.

 

O martes 15 de maio na biblioteca municipal haberá dous contacontos: ás 12:30 horas “Caixa, caixiña, caixón”, de Andamiaxe, unha proposta que conecta contacontos e obradoiro dirixida a nenos e nenas de 6 a 10 anos; e ás 17:30 horas “Carme, a cantareira”, de Andamiaxe.

 

O mércores 16 de maio ás 11 horas hai outro contacontos na biblioteca: “Estás como unha cabra”, por Noelia Porto, dirixido a nenos e nenas da Escola Infantil.

 

Por último, o propio mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, na Casa de Pedra haberá diferentes actos: ás 19 horas actuación de cantareiras As Cansorriñas e Mar Devalado; ás 19:30 horas entregaranse os premios do certame literario Letras Galegas 2025; e ás 20 horas haberá a representación teatral “Sol fuerza” por Antena Teatro.

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net