O espazo “Gourmet entre encaixes” contará con 10 postos de venta

O espazo “Gourmet entre encaixes” contará con 10 postos de venta

  • Volverá a habilitarase unha zona dedicada ao sector alimentario, na que tamén se situará o bar da Mostra.

 

O espazo dedicado ao sector alimentario “Gourmet entre encaixes” repetirá por terceiro ano consecutivo na trixésimo quinta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará do 1 ao 5 de abril de 2026.

 

Neste área dedicada ao sector alimentario, que volverá a contar cunha decoración especial e disporá de vixilancia de seguridade as 24 horas do día, instalaranse 10 postos de venta: Bico de Xeado, DTroula, Ibéricos de Salamanca, Frigoríficos de Camariñas, Mascarada O Cansorriño, Oriente Exquisito, Pimentón La Ristra, Pura Locura, Stolt Sea Farm e Xacobleas.

 

Alí tamén se situará o bar da Mostra e habilitarase un espazo con mesas e cadeiras para que o público asistente á Mostra poida degustar alí mesmo os produtos que merque. Estará aberto desde o mércores 1 de abril ás 15 horas ata o domingo 5 de abril, en horario continuo de 11 a 21 horas de xoves a domingo.

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net