Mariví Santos e Zeltia ao Aire fusionarán o encaixe de Camariñas con complementos para cerimonia

Mariví Santos e Zeltia ao Aire fusionarán o encaixe de Camariñas con complementos para cerimonia

  • A primeira deseñará elementos como bolsos ou tocados; a segunda, pezas para noiva.

 

Mariví Santos e Zeltia ao Aire son outros dos nomes que configurarán a pasarela do ArtEncaixe na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. A primeira deseñará elementos coma bolsos ou tocados, aos que lle aplicará encaixe. A segunda fará o propio con pezas para noiva.

 

“Para min foi unha gran experiencia participar o pasado ano na Mostra, onde amosar a nosa artesanía nunha pasarela tan relevante e ver ás modelos e aos modelos lucir as túas pezas en movemento fanche sentir orgullosa do que estás facendo. Para min o reto de combinar diferentes disciplinas é conseguir que o encaixe luza aínda máis, dándolle maior importancia á prenda”, asegura Santos.

 

Pola súa banda, Zeltia sinala que “as miñas pezas hai que velas integradas, coma se fosen o mesmo tipo de traballo. Eu o que fixen para Camariñas é tratalas coma se fosen de bordado ao aire, integrándoas de tal maneira que hai que estar moi atentas para ver esa conxunción, como unha conexión que ten sentido e na que nada sobresae. Vou levar catro pezas para noiva, pero para noiva moi especial, e ata aí podo ler”.

 

Os horarios nos que poderedes ver os desfiles de ArtEncaixe na pasarela Deputación da Coruña son:

 

 

  • Xoves 2 de abril ás 12:45 (grupo A) e ás 18:00 horas (grupo B).
  • Venres 3 de abril ás 12:45 (grupo B) e ás 16:45 horas (grupo A).
  • Sábado 4 de abril ás 12:30 (grupo A) e ás 18:00 horas (grupo B).

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net