Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2026

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de marzo as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2026.

Código de procedemento: ED527A

 

Carnés profesionais:

-  Carné profesional de instalacións térmicas de edificios

-  Carné profesional de operador/a de guindastre torre

-  Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A

- Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B

 

Habilitacións profesionais:

-  Operador/a industrial de caldeiras

-  Instalador/a de gas, categoría A

-  Instalador/a de gas, categoría B

-  Instalador/a de gas, categoría C

-  Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I

-  Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II

- Reparador/ de produtos petrolíferos líquidos, categoría III

- Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados

- Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados

  • Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados

- Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

 

 

 

REQUISITOS:

- Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.

- Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

 

TAXAS DE EXAME: 41,59 €

 

PRAZO: 

  • Primeira convocatoria: do 16 ao 30 de marzo de 2026 (ambos incluídos)
  • Segunda convocatoria: do 15 de xuño ao 7 de setembro de 2026 (ambos incluídos)

 

IMPORTANTE: Na primeira convocatoria non se convocan probas para a obtención de todos os carnés e habilitacións profesionais recollidas nesta orde. Consultar no DOG cales son os convocados.

 

ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260313/AnuncioG0761-040326-0003_gl.pdf

 

Máis información:

 

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional

Servizo de Xestión de Formación Profesional

San Caetano s/n 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 881996529

Correo electrónico: habilitacions.profesionais@edu.xunta.gal

http://www.edu.xunta.gal/fp

Descargas