Moita música na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas con Luar na Lubre, Antía Muíño, Sebastian Allones Dans e Las Guerreras del K-Pop, folclore e corais

Moita música na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas con Luar na Lubre, Antía Muíño, Sebastian Allones Dans e Las Guerreras del K-Pop, folclore e corais

  • Ademais, como de cotío, haberá actuacións folclóricas con Abrindo Rejo, As Cansorriñas, Con toda en banda, Golpe de mar, Mar devalado e Vaiche Boa.

 

  • O domingo, 5 de abril, ás 12:15 horas, terá lugar o IX Encontro de Corais Mostra do Encaixe coa coral polifónica San Roque de Vigo, Coral San Salvador de Pazos e Coral Municipal Brisas do Mar de Camariñas.

 

A música non podía faltar na programación da trixésimo cuarta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, na que Luar na Lubre, Antía Muíño, Sebastian Allones Dans e Las Guerreras del K-Pop, ademais das actuacións das agrupacións folclóricas de Abrindo Rejo, As Cansorriñas, Con toda en banda, Golpe de mar, Mar devalado e Vaiche Boa.

 

Para a apertura, entre os desfiles de PequEncaixe e Grandes Firmas do mércores 1 de abril, terá lugar a actuación de Luar na Lubre, unha das bandas máis míticas do panorama tradicional galego e que inspira o seu proxecto nas correntes da música folk europea e, particularmente, na órbita das denominadas músicas “atlánticas ou célticas.”

 

O sábado, 4 de abril ás 12:30 horas, logo dos desfiles de “ArtEncaixe A”, “Grandes Firmas A” e “PequEncaixe”, a pasarela Deputación da Coruña acollerá a actuación de Sebastián Allones Dans, de Camelle, e que con tan só 12 anos ganou o concurso de talentos “Da rúa á lúa”, do programa “Quen anda aí” da Televisión de Galicia.

 

O domingo, 5 de abril, ás 12:15 horas, quenda do IX Encontro de Corais Mostra do Encaixe coa coral polifónica San Roque de Vigo, Coral San Salvador de Pazos e Coral Municipal Brisas do Mar de Camariñas.

 

 

O domingo 5 de abril ás 13:00 horas, está previsto o espectáculo musical e de danza de Las Guerreras del K-Pop e xa pola tarde, pasadas as 19:30 horas para clausurar a trixésimo quinta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, Antía Muíño, unha das revelacións da canción galega cun rexistro que se move entre o jazz-pop, a canción alternativa de autor e o amor pola música tradicional galega.

Este eclecticismo convértea nunha artista difícil de clasificar, que busca escapar das etiquetas e clichés e que se move sen complexos entre todas estas augas para transmitir unha voz versátil e polifacética, á vez que profundamente persoal e singular

“Anfibia por veces” (2026) é o título do seu segundo traballo, un álbum ecléctico e sorprendente no que a artista explora novos sons, elevando o estilo íntimo e o son acústico que a caracterizan. Este disco é froito dun traballo conxunto co destacado produtor galego Hevi nel a artista reflexiona sobre grandes temas universais como a identidade, o amor, a búsqueda dun mesmo ou o sentimento de pertenza.

Antía tamén reivincida o papel da muller como creadora e instrumentista, incluíndo colaboración con destacadas figuras da escena galega como Lilaina, Brassic Rapa e Margarida Mariño.

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net