Gubem Event volverá encargarse da pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

Gubem Event volverá encargarse da pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

  • A empresa galega, da que está á fronte o vimiancés Damián Álvarez, será a encargada de coordinar a pasarela por quinto ano consecutivo.
  • “Apostamos, por unha coidada selección de modelos así como por uns constantes cambios de coreografías e da estrutura dos desfiles”, explica Damián.

 

A pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña está a destacarse como unha referencia nacional a nivel organizativo e de proposta visual, presentando desfiles estruturados, dinámicos e entretidos para o público, tanto para o máis experto como para os que se achegan por primeira vez ao mundo da moda. 

 

A empresa galega Gubem Event será, un ano máis, a responsable da organización e coordinación da pasarela da Mostra do Encaixe de Camariñas, consolidando así o seu papel nun dos eventos máis relevantes do calendario da moda en Galicia.

 

Á fronte da empresa atópase o modelo internacional Damián Álvarez, quen lidera un proxecto que combina experiencia no sector da moda e capacidade organizativa, aportando unha visión profesional e actual á posta en escena dos desfiles.

 

Dende a chegada de Gubem Event á coordinación da pasarela, a Mostra experimentou un notable aumento de afluencia de público, reflexo dun formato máis dinámico, atractivo e adaptado ás novas tendencias do sector.

 

“Apostamos por unha coidada selección de modelos, incorporando perfís diversos e de gran interese, así como por uns constantes cambios de coreografías e da estrutura dos desfiles. O obxectivo é ofrecer unha pasarela viva, variada e sorprendente, onde cada pase se converta nun auténtico espectáculo”, explica Damián.

 

Para esta nova edición, Gubem Event adianta que haberá novidades que reforzarán a experiencia do público e seguirán posicionando a Mostra do Encaixe de Camariñas como un referente que combina tradición e moda contemporánea.

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net