O mércores 1 de abril dará comezo a XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

  • O evento terá lugar do 1 ao 5 de abril e co lema “Onde o fío se converte en arte” busca destacar ao municipio como punto onde late con máis forza o corazón da artesanía en Galicia.
  • Antes da inauguración oficial celebrarse no recinto un pleno para cambiar o nome da Avenida Ambrosio Feijoo por Avenida das Palilleiras.

 

A XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña está a piques de comezar. O evento, que se celebrará do mércores 1 ao domingo 5 de abril, co lema “Onde o fío se converte en arte” busca destacar ao municipio como punto onde late con máis forza o corazón da artesanía en Galicia.

 

A apertura da trixésimo quinta edición da Mostra terá lugar o mércores 1 de abril ás 15 horas, momento no que se iniciará o tradicional encontro de encaixeiras e encaixeiros da Costa da Morte no que tamén participará o alumnado das escolas infantís municipais.

 

Unha das principais novidades desta edición é a celebración dun pleno extraordinario da corporación municipal no propio recinto da Mostra. Será o mércores 1 de abril ás 15:30 horas, antes da inauguración oficial, e servirá para ratificar o cambio de nome da Avenida Ambrosio Feijoo por Avenida das Palilleiras.

 

O acto de inauguración coas autoridades será ás 16:30 horas. Logo, a partir das 18 horas, comezarán os primeiros desfiles: os máis pequenos do “PequEncaixe” serán os encargados de pisar por primeira vez a pasarela e seguidamente os Grandes Deseñadores. Entre medias, amenizará a pasarela unha actuación de Luar na Lubre.

 

Durante os cinco días as firmas da categoría de Grandes Deseñadores”, subiranse ás pasarelas da Mostra para amosar as súas creacións con encaixe: Ana Cabranes, Claudina Mata, Devota&Lomba, Innamoretto, José Perea, Andion Clothing, Dolores Cortés, El Pulpo, José Matteos, ôse Couture, Xoaquín Ruíz e Ondas do Mar.

 

O desfile de ArtEncaixe, que sigue afianzándose na programación, estrearase o xoves, 2 de abril, a partir das 12:45 horas. Os artesáns chegarán de diferentes puntos de Galicia para demostrar que o encaixe é versátil e pode adaptarse a diferentes materiais: Estilo Aramar, Mariví Santos, O Rulo, Risco Estudio, Encaixa_T, Mascarada O Cansorriño, Ana Trasariz, Alfarería La Cacharrera, Lola Logaro, Tendataller Feituras – María Canedo, Zeltia ao Aire, Ene de Toba.

 

Ese mesmo xoves, 2 de abril, tamén debutarán as persoas participantes no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores no que se repartirán un total de 4.500 euros en premios e participarán un total de 34 mozas e mozos que están a dar os primeiros pasos no mundo da moda. O venres 3 ás 20:40 horas celebrarase o encontro entre grandes e noveis deseñadores e o domingo 5, a partir das 16:30, horas darase a coñecer o fallo do xurado.

 

Outra das novidades desta edición será o espectáculo de costura en directo co deseñador andaluz José Perea. Poderá verse o xoves, 2 de abril, a partir das 12:45 horas no bloque de desfiles da mañá e o mediático José Perea, que participa por primeira vez na pasarela de Grandes Deseñadores, amosará a súa técnica para confeccionar traxes en directo en tempo récord.

 

Outro ano máis volverán á Mostra as delegacións internacionais. O xoves 2 ás 18:00 horas terá lugar o primeiro desfile das Delegacións de encaixeiras internacionais. Repetirán o venres 3 ás 16:45 horas e o sábado 4 ás 18:00 horas. Participan: Argentina (Cordoba e Buenos Aires), Bulgaria (Sofia), Eslovaquia (Krakovany), España (Arenis del Mar), Italia (Novedrate), Polonia (Bobowa), Portugal (Peniche e Serra D”El Rei).

 

Un dos momentos máis agardados da Mostra son os desfiles do Pequeencaixe. As nenas e nenos das Escolas Municipais crean o seu propio encaixe durante todo o curso para posteriormente deseñar os vestidos e desfilar na Mostra. Convértense en palilleiras, deseñadores e modelos. Serán o mércores 1 ás 18 horas, o xoves 2 ás 12:45 horas, o sábado 4 ás 12:30 horas e o domingo 5 no acto de clausura a partir das 19 horas.

 

O mesmo ocorre no desfile de Encaixeiras Senior de Camariñas que terá lugar o domingo 20 ás 19:00 horas durante o acto de clausura do evento e no que veciñas e veciños do municipio amosan ao público as creacións que fixeron durante todo o ano.

 

Luar na Lubre, Antía Muíño, Sebastián Allones Dans, Marta Doviro, Carmen Méndez, Ledicia Sola e outras accións destacadas da programación

 

Este ano os asistentes poderán gozar da música de Luar na Lubre (o mércores 1 ás 18:00 horas horas durante o desfile inaugural da Mostra); do concerto do mozo de Camelle, Sebastián Allones Dans, gañador do concurso de talentos “Da rúa á lúa” do programa da TVG “Quen anda aí” (o sábado 4 ás 12:30 horas) ou da actuación de “Fíos de Salitre” de Mascarada O Cansorriño (domingo 5 ás 19 horas). O concerto de clausura da Mostra (domingo 5 ás 19:30 horas) correrá a cargo de Antía Muíño.

 

Ademais, continuando coa tradición dos últimos anos, poderán rirse a esgalla con Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola e o seu monólogo “Sen Restricións” que terá lugar o sábado, 4 de abril, ás 20:30 horas na propia pasarela. O xoves 2 de abril, ás 20:30 horas haberá unha representación teatral a cargo da compañía Aantena titulada “Fíos da Memoria”. Ademais o venres, 3 de abril, ás 20:30 horas, a compañía, as risas están garantidas co monólogo da compañía de Camelle “Mortos de risa.

 

Durante os cinco días escoitarase nos pavillóns da Mostra, mesturado co son dos palillos, o folclore das agrupacións Abrindo Rejo, Golpe de Mar, Con toda en banda, Vaiche Boa, Asociación Mar Devalado de Camelle e Asociación As Cansorriñas. Tamén o IX Encontro de Corais no que participarán a Coral Polifónica San Roque de Vigo, a Coral San Salvador de Pazos de Ponteceso e a Coral Brisas do Mar de Camariñas (domingo 20 ás 12:15 horas).

 

Aproveitarase o evento para a presentación de libros e publicacións como “Punto de araña” de Nerea Pallares (xoves 2 ás 12 horas); “A princesa dourada” de Anxo Mouzo (xoves 2 ás 12:20 horas); “Ángeles acusadores” de Diego Garrote (venres 3 ás 12:00 horas); “Ardentía 1854” de María D.López-Menéndez Sánchez (venres 3 ás 12:20 horas); “1898 – El padre ausente”, a última parte da triloxía de “El Cementerio de los Ingleses” de Alfonso de Sas (sábado 4 ás 11:40 horas); e a presentación de “A Costa da Morte, naturalmente única” de Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández que correrá a cargo de Pepe Formoso (sábado 4 ás 12:00 horas).

 

O acto de clausura da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas terá lugar o domingo 5 de abril ás 19:00 horas.

 

Gourmet entre encaixes

 

O Concello repetirá este ano na XXXV Mostra do Encaixe De Camariñas Deputación da Coruña o “Gourmet entre encaixes”, un espazo dedicado ao sector alimentario no que se poderán instalar postos de venta ao público.

 

Esta nova zona, na que tamén se situará o bar da Mostra, terá unha decoración ambiental especial e contará cun espazo con mesas e cadeiras para que o público asistente á Mostra poida degustar alí mesmo os produtos que merque.

 

Durante toda a Mostra tamén haberá degustacións gastronómicas de polvo, a cargo de Frigoríficos de Camariñas (o venres 3 de abril ás 19:30 horas) e de rodaballo, a cargo de Stolt Sea Farm (o sábado 4 de abril ás 14 horas).

 

Tamén haberá demostracións artesanais e os pais e as nais poderán deixar aos máis pequenos no Parque Infantil con monitores cualificados.

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net