Máis de 37 voluntarias e voluntarios asegurarán o bo funcionamento da XXXV Mostra do Encaixe

  • Encargaranse de coordinar que toda a programación se desenvolva segundo o previsto e o equipo de Protección Civil velará pola seguridade do evento.

 

A XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña volverá a contar cun fenomenal equipo de voluntarios e voluntarias formado por máis de 37 persoas que, como cada ano, asegurarán o bo funcionamento do evento durante os cinco días. 

 

Por unha parte, encargaranse de coordinar que toda a programación se desenvolva segundo o previsto, tanto no control da entrada ou no posto de información como no acceso á sala de desfiles, axudando tamén en calquera dúbida aos visitantes.

 

Por outra banda, como ven sendo habitual, a agrupación de Protección Civil de Camariñas despregará un dispositivo de seguridade e de tráfico, esencial para o desenvolvemento da Mostra e tamén para solucionar calquera imprevisto.

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net