A Mostra pon en valor a labor dos nenos e nenas da Escola Municipal de Palillo, o futuro do encaixe

A Mostra pon en valor a labor dos nenos e nenas da Escola Municipal de Palillo, o futuro do encaixe

  • Despois do desfile de PequEncaixe recibiron un agasallo do Concello pola súa labor ao longo do ano.

 

  • O mozo de Camelle, Sebastián Allones Dans, gañador do concurso de talentos do programa “Quen anda aí”, actuou durante os desfiles da mañá.

 

Os nenos e nenas da Escola de Palillo recibiron hoxe, sábado 4 de abril, despois dos desfiles da mañá, un agasallo do Concello de Camariñas e da Mostra do Encaixe para recoñecer o traballo que realizan ao longo do ano e que garante o futuro do encaixe.

 

A alcaldesa, Sandra Insua, e a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, ademais doutros membros do goberno local, entregaron o agasallo aos encaixeiros infantís ao remate do emocionante e divertido desfile do PequEncaixe.

 

Ademais, as persoas asistentes puideron desfrutar en directo da actuación do mozo de Camelle Sebastián Allones Dans, que con tan só 12 anos gañou o concurso de talentos “Da rúa á lúa”, do programa “Quen anda aí” da Televisión de Galicia.

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net