O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

  • Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas toallas.
  • O departamento da Mostra do Encaixe encargou a realización e aplicación do encaixe ás asociacións Rendas e Puntillas.

 

O Concello de Camariñas afianza a súa colaboración coa empresa Zara Home, do grupo Inditex, que acaba de comezar a comercializar dous novos produtos con encaixe de Camariñas: unha toalla de flocos (https://www.zarahome.com/es/toalla-lino-encaje-camarinas-l45592013?ct=true&categoryId=1020447643&pelement=519448415&colorId=741) e un set de dúas toallas (https://www.zarahome.com/es/toalla-lino-banda-encaje-camarinas-set-de-2-l45593724).

 

Esta é a segunda ocasión que Zara Home, dentro da súa aposta polo uso de de diferentes artesanías locais, se une a Camariñas e ao seu encaixe para sacar á venta produtos que incorporan esta artesanía milenaria. O departamento da Mostra do Encaixe volveu a encargar a execución do produto e a aplicación do encaixe ás asociacións locais Rendas e Puntillas.

 

Son dúas toallas de liño diferentes: a que leva flocos, que ten un tamaño de 50x90, e leva un aplique de encaixe; e por outro lado, as toallas do set, unha de 30x50 e outra de 50x90, teñen unha banda aplicada de encaixe.

 

A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, explica que “acabamos de vivir un gran momento coa colección cápsula de Pull&Bear e agora non podemos estar máis contentas de continuar a colaboración con Zara Home”. “Son procesos que levan moitas horas ata chegar ao produto final pero merecen moito a pena”, indica.

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net