Para o alumnado que se matricule por primeira vez na UDC: 1º) Cumplimentar o "Formulario para la solicitud de plaza en las residencias universitarias - Alumnado que vaya a matricularse por primera vez en la UDC" que aparece a continuación. Unha vez finalizado este proceso, recibirá, na dirección de correo electrónico indicada no formulario, as instrucciones para o envío da documentación. 2º) Deberá responder ó correo electrónico recibido enviando o Anexo III ( Coruña) ouo Anexo IV Ferrol), cuberto e asinado por todos os membros computables da unidade familiar, e a documentación requirida no mesmo. Unha vez finalizado este proceso, recibirá por correo electrónico a confirmación da presentación que lle servirá como resguardo. Soamente se admitirá unha única solicitude por persona, o Coruña o Ferrol.
O Concello de Camariñas, ao igual que no 2025, é beneficiario do programa da Deputación da Coruña para financiar actividades de "Envellecemento Activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada" no ano 2026. Resolución definitiva do 09/03/26.
A Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia), en colaboración co Concello de Camariñas, promove a mostra.
Mañá, xoves 5 de marzo, están programadas actividades didácticas co alumnado do IES Pedra da Aguia.
O 12 de marzo ás 18:30 horas terá lugar no Museo do Encaixe a proxección do documental “Chicas nuevas 24 horas” con entrada libre ata completar aforo.
A iniciativa rende homenaxe á forza, ao traballo e ao compromiso diario das mulleres de todas as idades e profesións que fan posible a comunidade camariñá.
O alumnado dos CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto colaborará na creación dunha guía biográfica para rescatar as historias das mulleres referentes das súas vidas.
As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código de procedemento BS607A.
Opcionalmente, tamén se poderán presentar presencialmente en calquera dos lugares e os rexistros previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A presentación da solicitude implicará a aceptación expresa das condicións e obrigas establecidas nesta orde, así como a aceptación da axuda.
Hoxe, venres 7 de marzo, o Concello de Camariñas levou a cabo a primeira das accións que organiza para conmemorar o 8M. A alcaldesa, Sandra Insua; a concelleira de Igualdade, Begoña Tajes; e a técnica de Igualdade, Noelia Teijeiro, fixeron un recoñecemento ás mulleres emprendedoras que puxeron en marcha os seus negocios durante o ano 2024, recoñecendo así o seu esforzo e a súa contribución ao tecido económico local. As mulleres premiadas foron: María Jesús Lema Chans, de Flores con Encanto; Carolina Santos Suárez, da Farmacia de Camelle; Lidia Pasantes Rodríguez, do Supermercado A Fonte; Eva Rosa León de Pensado, do Café-Estanco O Chisqueiro; e Consuelo Sánchez Montero, de Autoescuela Cosán.