Emprego e Desenvolvemento Local

Inicio Emprego e Desenvolvemento Local

Novas

Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2026

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de marzo as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2026.
Código de procedemento: ED527A

PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 e 4 NO ANO 2026

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de marzo as probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4.
 
Código do procedemento: PL500C
 
Destinatarios / as:
-  Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
 
Prazo de inscrición:
- Do 16 de marzo  ao 8 de abril de 2026 (inclusive).

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2026

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 6 de marzo as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2026.

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 10 de febreiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.