Emprego e Desenvolvemento Local

Inicio Emprego e Desenvolvemento Local

Novas

PROCESO SELECTIVO AUXILIARES POLICÍA LOCAL

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeria e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 18 de marzo de 2024 unha orde pola que se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión mediante contrato laboral temporal de postos de auxiliares de policía local

PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 e 4 NO ANO 2024

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de marzo as probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4.

LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 29 de febreiro de 2024 pola que acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.  

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 16 de febreiro de 2024, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Poderán solicitalos persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria.
 
Hai dúas modalidades:
-      Cursos presenciais: Celga 2, Celga 3 e Celga 4
-         Cursos en liña: Celga 2, Celga 3 e Celga 4.