O Concello de Camariñas celebra esta fin de semana un Torneo Internacional de Fútbol Veterano. Será mañá, domingo 1 de maio. Ás 12:00h realizarase a recepción na Casa do Concello.
Este martes día 26 de abril dará comezo, na súa segunda edición, as clases prácticas do programa Aprende a través do Surfing. Os días de actividade serán martes, mércores e xoves nesta primeira semana (CEIP O Areal) e luns, martes e mércores da seguinte (CEIP da Ponte do Porto).
A cita, organizada polo Concello en colaboración coa Peña Ciclista Baikers do Vilán, ten saída e meta na zona do campo de fútbol de Camariñas, pasando por zonas emblemáticas.
Participan 198 bikers, con comezo ás 10 horas e remate previsto ao redor das 13 horas.