As persoas que formalizaron a súa preinscrición en tempo e forma xa poden proceder ao pago correspondente. Ademais, infórmase de que aínda quedan prazas vacantes para todas as quendas en ambas as localidades.
ℹ️ Consulta a listaxe definitiva por quendas das Actividades Acuáticas 2026 na web municipal: https://camarinas.net/portal-cidadan/noticia/gl/898 Nos seguintes vídeos podes comprobar os sorteos para: 👉 Listaxe de agarda da primeira quenda: https://youtu.be/j4El2VOebHM?si=MkievsbvVz4iOX9F 👉 Listaxe de agarda da segunda quenda: https://youtu.be/RUu7jMibXww?si=JhCjJEGpIiG2Yq5X 👉 Sorteo das 6 prazas que quedaban por ocupar por non empadronados na segunda quenda: https://youtu.be/EUDA44Jrvd8?si=sQaWDj5og8x1FrVF
Xa están dispoñibles para a súa consulta as listaxes de persoas que realizaron correctamente a preinscrición en prazo nas actividades de verán. Pregamos á veciñanza que revise os datos. No caso de detectar calquera erro ou omisión, por favor, comuníquenno o antes posible enviando un correo electrónico a deportes@camarinas.net para que poidamos emendalo.
Un total de 87 alumnos e alumnas de primaria e da ESO comezan as saídas ao mar tras finalizar a formación teórica nas aulas.
O goberno local subliña que o éxito desta iniciativa única na comarca, activa desde 2004, é posible grazas ao apoio imprescindible e continuo dos centros educativos.
O Concello de Camariñas, ao igual que no 2025, é beneficiario do programa da Deputación da Coruña e subvencións a concellos para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de deporte no ano 2026. Resolución definitiva do 25/02/26.
O obxectivo é financiar gastos de persoal técnico deportivo co obxecto de garantir o desenrolo de programacións de carácter estable nos concellos.
O inicio das actividades está previsto para o 1 de outubro.
Establécense bonificacións nas taxas, dirixidas aos perceptores de RISGA, persoas con informe de Servizos Sociais, familias numerosas ou maiores de 65 anos.