O Ministerio de educación , Fp e deporte convocaron as bolsas de carácter xeral para o curso 2026-2027para o estudantado que curse estudos postobrigatorios.
A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficinal da Provincia (BOP) do mércores 8 de abril a concesión definitiva ao Concello de Camariñas dunha subvención de 19.888,26 euros para a contratación do servizo de oficina de información turística durante o ano 2026. Os servizos de información turística no Concello de Camariñas, financiados pola Diputación, prestaranse dende o 1 de xullo ata o 31 de outubro de 2026 e implicarán a contratación de dous profesionais, esperando atender arredor de 8.000 visitantes.
A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe.
A peza única, elaborada con fíos especiais durante máis de tres meses, é un tributo a todos os homes do mar e, especialmente, ao seu pai, Ramón Campaña “O Ulludo”.
A decisión adoptouse hoxe nunha sesión extraordinaria celebrada no propio recinto da XXXV Mostra do Encaixe, rodeados de das propias palilleiras da vila.
A alcaldesa destacou que a medida non só cumpre coa Lei de Memoria Democrática, senón que supón "un acto de xustiza histórica, de dignidade e de reivindicación feminista".
“Cando as nosas nenas e nenos paseen por ela, cando vexan esa placa, saberán que a verdadeira grandeza e a historia de Camariñas escríbese en feminino", sinalou Sandra Insua.
Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto, El Pulpo, Dolores Cortés, José Perea,Xoaquín Ruíz, MATTEÔS Bridal,ÔSE Couture e a firma local Ondas do Mar.
Hoxe o deseñador andaluz José Perea, que tamén participa no desfile de Grandes Deseñadores, levou a cabo na pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña unha das súas mediáticas demostracións de costura en directo. En 20 minutos, mentres o público presente interactuaba con el, José Perea creou desde cero un vestido que logo desfilou co resto de creacións da colección cápsula que presenta no seu primeiro ano na pasarela camariñana.