O Concello de Camariñas recibiu unha subvención dun total de 15.000 euros da Deputación da Coruña co obxectivo de financiar os gastos de persoal técnico nos servizos municipais de Deporte no ano 2025.
Esta liña de axudas que lanza a administración provincial permite contratar ou manter entre o persoal a traballadores e traballadoras especializados en actividades deportivas.
O obxectivo deste programa, impulsado polo Ministerio de Sanidade e a FEMP, é a promoción da saúde e a prevención co obxectivo de gañar anos de vida de calidade.
Executaranse diferentes accións dirixidas a promover a saúde, previr enfermidades ou lesións.
A Escola de Fútbol Juan Cabrejo e o Concello de Camariñas celebrarán o próximo sábado, 22 de xuño, o Torneo As Baleas no campo de fútbol Vicente Carril. No evento participarán os xogadores das categorías prebenxamín, benxamín e alevín dos seguintes equipos: SRD Unión Club Cee, Unión Deportiva Cerqueda, Sociedad Deportiva Laxe, Bergantiños FC - Escolas Luis Calvo, Sociedad Deportiva Sofán e Club Deportivo Concello de Zas.
A presentación oficial da cita deportiva correu a cargo da alcaldesa, Sandra Insua, do concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, do presidente da Escola de Fútbol Juan Cabrejo, Marcos Lema, do director, Juan Cabrejo, e do adestrador Pepucho.
O obxectivo da actividade é acercar á mocidade a cultura da Danza dos Arcos, o baile típico do pobo camariñán, o cal se leva a cabo cada ano nas Festas do Carmen o 16 de Xullo.