Actualidade

Inicio Deportes Actualidade

Deportes

Cinco ciclistas do PC Baikers do Vilán chegarán ata Delemont nunha nova ruta para estreitar lazos

  • A proba arrincará este sábado 15 de agosto desde a localidade francesa de La Turballe e rematará o día 20 en Suíza tras percorrer 965 quilómetros.
  • O obxectivo desta iniciativa, que se iniciou no 2023 chegando a La Turballe e no 2024 a Peniche, é fortalecer os vínculos de Camariñas coas localidades irmandadas.
  • A chegada a Delemont ten un significado moi especial ao tratarse dunha zona onde residen familias emigrantes de Camariñas.

Deportes

Os ciclistas do PC Baikers do Vilán conquistan Suíza tras completar os case 1.000 km da súa ruta de irmanamento

  • O equipo cruzou Francia desde a Bretaña ata a capital do cantón de Jura, pasando por tramos míticos do Tour de Francia.
  • Á súa chegada a Delemont, foron recibidos polas autoridades locais e arroupados pola música do grupo de gaitas Galiza Celta Delemont.
  • O club anuncia o seu próximo obxectivo: unha cuarta ruta ata a localidade italiana de Novedrate para seguir levando o nome da Costa da Morte por Europa.

Deportes

COMUNICADO OFICIAL: ACTUALIZACIÓN SOBRE O SORTEO DA SEGUNDA QUENDA

O Concello de Camariñas informa á veciñanza sobre unha serie de actualizacións e prazos relativos ás actividades municipais:

Deportes

O Concello publica as listaxes de persoas preinscritas nos obradoiros de Camariñas e Camelle e abre o prazo para o abono das taxas

As persoas que formalizaron a súa preinscrición en tempo e forma xa poden proceder ao pago correspondente. Ademais, infórmase de que aínda quedan prazas vacantes para todas as quendas en ambas as localidades.

Deportes

Listaxe definitiva por quendas das Actividades Acuáticas 2026

ℹ️ Consulta a listaxe definitiva por quendas das Actividades Acuáticas 2026 na web municipal: https://camarinas.net/portal-cidadan/noticia/gl/898
Nos seguintes vídeos podes comprobar os sorteos para:
👉 Listaxe de agarda da primeira quenda: https://youtu.be/j4El2VOebHM?si=MkievsbvVz4iOX9F
👉 Listaxe de agarda da segunda quenda: https://youtu.be/RUu7jMibXww?si=JhCjJEGpIiG2Yq5X
👉 Sorteo das 6 prazas que quedaban por ocupar por non empadronados na segunda quenda: https://youtu.be/EUDA44Jrvd8?si=sQaWDj5og8x1FrVF

Deportes

Publicadas as listaxes de preadmitidos para as actividades de verán

Xa están dispoñibles para a súa consulta as listaxes de persoas que realizaron correctamente a preinscrición en prazo nas actividades de verán.
Pregamos á veciñanza que revise os datos. No caso de detectar calquera erro ou omisión, por favor, comuníquenno o antes posible enviando un correo electrónico a deportes@camarinas.net para que poidamos emendalo.

Deportes

Camariñas oferta 648 prazas de obradoiros de tempo libre e as actividades acuáticas

  • A preinscrición está aberta desde hoxe, luns 1 de xuño.
  • Habilitáronse formularios en liña para facer efectiva a preinscrición.
  • Tamén se oferta de xeito gratuíto unha actividade para formar parte da Danza de Arcos e participar no desfile das Festas do Carme.

 
 

Deportes

O Concello de Camariñas arrinca a fase práctica do programa pioneiro “O Mar na Escola” con 87 estudantes

  • Un total de 87 alumnos e alumnas de primaria e da ESO comezan as saídas ao mar tras finalizar a formación teórica nas aulas.
  • O goberno local subliña que o éxito desta iniciativa única na comarca, activa desde 2004, é posible grazas ao apoio imprescindible e continuo dos centros educativos.

Deportes

Subvención técnicos deporte

O Concello de Camariñas, ao igual que no 2025, é beneficiario do programa da Deputación da Coruña e subvencións a concellos para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de deporte no ano 2026. Resolución definitiva do 25/02/26.

O obxectivo é financiar gastos de persoal técnico deportivo co obxecto de garantir o desenrolo de programacións de carácter estable nos concellos.

Deportes

A XIV Carreira Pedestre bate o récord de inscritos coa participación de 962 persoas

  • A proba terá lugar este domingo, 8 de marzo, e recadaranse fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro.
  • O Concello instalará un punto violeta para conmemorar o Día da Muller.
12 3 4 5 6 7

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net