Sandra Insua, Sergio Caamaño e Begoña Tajes achegáronse ao Cemiterio dos Ingleses, no día no que se cumpren 133 anos do afundimento do navío inglés, para realizar a tradicional ofrenda floral.
Os nomes das vítimas dos afundimentos do Iris e o Trinacria xa locen no lugar onde foron enterradas.
Sandra Insua explicou que “queremos poñer en valor o cemiterio e a historia de Camariñas” e adiantou que “a semana que vén colocaremos no paseo unha exposición sobre naufraxios”.
Sandra Insua e Sergio Caamaño reuníronse o pasado venres co presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal.
No encontro tamén lle trasladaron os problemas do marisqueo, a devolución da fianza á comisión de festas de Camelle e presentouse o proxecto da terceira fase do paseo.
O Concello de Camariñas fai un chamamento á cidadanía para que se sume á ‘Danza Rosa’, unha iniciativa que se levará a cabo mañá, sábado 21 de outubro para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.
🐠 Se tes un proxecto relacionado co mar, podes solicitar as axudas para inversións en novas actividades económicas ou que supoñan a creación ou mantemento de emprego
A taxa de paro rexistrado é do 10,87%, un 3,24% menos que no 2022 e un 12,77% menos que hai 10 anos, no 2023.
Desde a Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) indican que estes bos datos teñen que ver cunha tendencia xeneralizada de baixada do paro en toda a comarca.