Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

Anuncio bolsas MEC para estudios posobrigatorios Recibidos

O Ministerio de educación , Fp e deporte convocaron as bolsas de carácter xeral para o curso 2026-2027para o estudantado que curse estudos postobrigatorios.
 

O Concello

O Concello remata as obras de reparación do pavimento na rúa Carreira

  • A actuación, financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña, contou cun orzamento de preto de 50.000 euros.

O Concello

O Concello aproba o expediente para a concesión dos novos nichos do cemiterio municipal

  • O canon fixouse en 1.160,99 euros por unidade de enterramento, cun pagamento fraccionado para facilitar o trámite á veciñanza.
  • A adxudicación realizarase mediante un sistema obxectivo de baremación, seguido dun sorteo para a asignación concreta dos espazos.
  • O prazo de solicitude abrirase de xeito oficial o día seguinte á publicación do anuncio no BOP.

O Concello

Subvención oficina de información turística

A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficinal da Provincia (BOP) do mércores 8 de abril a concesión definitiva ao Concello de Camariñas dunha subvención de 19.888,26 euros para a contratación do servizo de oficina de información turística durante o ano 2026.  Os servizos de información turística no Concello de Camariñas, financiados pola Diputación, prestaranse dende o 1 de xullo ata o 31 de outubro de 2026 e implicarán a contratación de dous profesionais, esperando atender arredor de 8.000 visitantes. 

Cultura

Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla “Mar de Hielo”

  • A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe.
  • A peza única, elaborada con fíos especiais durante máis de tres meses, é un tributo a todos os homes do mar e, especialmente, ao seu pai, Ramón Campaña “O Ulludo”.

O Concello

O concello prorroga o contrato do servizo de limpeza de praias durante o verán de 2025

  • A empresa adxudicataria traballará durante a temporada estival en 16 areais do municipio e nos accesos aos mesmos.
  • Entre as tarefas a realizar atópase o cribado da area, a limpeza dos baños ou a retirada do material alleo como plásticos, papeis, desperdicios...

O Concello

O Concello de Camariñas aproba nun pleno histórico cambiar o nome da Avenida Ambrosio Feijoo por “Avenida das Palilleiras”

  • A decisión adoptouse hoxe nunha sesión extraordinaria celebrada no propio recinto da XXXV Mostra do Encaixe, rodeados de das propias palilleiras da vila.
  • A alcaldesa destacou que a medida non só cumpre coa Lei de Memoria Democrática, senón que supón "un acto de xustiza histórica, de dignidade e de reivindicación feminista".
  • “Cando as nosas nenas e nenos paseen por ela, cando vexan esa placa, saberán que a verdadeira grandeza e a historia de Camariñas escríbese en feminino", sinalou Sandra Insua.

Cultura

O encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra

  • Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto, El Pulpo, Dolores Cortés, José Perea, Xoaquín Ruíz, MATTEÔS Bridal, ÔSE Couture e a firma local Ondas do Mar.

Cultura

Nerea Pallares, con “Punto de Araña” e Anxo Mouzo, con “A Princesa Dourada”, estrean as presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe

  • Mañá, venres 3 de abril, e o sábado, 4 de abril, continuarán Diego Garrote, Alfonso de Sas, Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández.

Cultura

JOSÉ PEREA

Hoxe o deseñador andaluz José Perea, que tamén participa no desfile de Grandes Deseñadores, levou a cabo na pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña unha das súas mediáticas demostracións de costura en directo. En 20 minutos, mentres o público presente interactuaba con el, José Perea creou desde cero un vestido que logo desfilou co resto de creacións da colección cápsula que presenta no seu primeiro ano na pasarela camariñana.