O Concello de Camariñas é beneficiario dunha subvención por parte da Deputación da Coruña para o financiamento dos gastos de persoal técnico para a atención do Museo MAN de Camelle durante o ano 2026, por un importe de 20.000 euros.
A corporación municipal celebrou unha sesión solemne para outorgar a máxima distinción local ao recoñecido locutor camariñán.
Sandra Insua destacou no seu discurso o gran labor de difusión dos valores, da cultura e da identidade de Camariñas que o xornalista fixo durante toda a súa carreira.
O proxecto, enmarcado na Fase 1 do Plan Milleira, transformará a vía nunha plataforma única para garantir a total accesibilidade.
A actuación está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
De xeito previo á nova pavimentación, procederase á renovación da rede de saneamento e á instalación dunha rede paralela e independente para as augas pluviais.
Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación ao público que organizou a firma de moda xuvenil.
As prendas estarán dispoñibles a partir do 19 de xuño en pullandbear.com.
Sandra Insua amosouse destacou que “forma parte da nosa estratexia para posicionar o encaixe como elemento de vangarda para a moda actual” e agarda que “sexa o comezo de algo economicamente importante para a economía e a artesanía local”.
A cita solidaria e deportiva celebrarase o vindeiro 20 de xuño de 2026, partindo ás 16:30 horas dende a Praza da Igrexa de Xaviña.
A inscrición ten un custo de 5 euros para persoas adultas e de 3 euros para menores de 12 anos, con opción de adquirir un "Dorsal Solidario" a través da web.
As persoas que formalizaron a súa preinscrición en tempo e forma xa poden proceder ao pago correspondente. Ademais, infórmase de que aínda quedan prazas vacantes para todas as quendas en ambas as localidades.
ℹ️ Consulta a listaxe definitiva por quendas das Actividades Acuáticas 2026 na web municipal: https://camarinas.net/portal-cidadan/noticia/gl/898 Nos seguintes vídeos podes comprobar os sorteos para: 👉 Listaxe de agarda da primeira quenda: https://youtu.be/j4El2VOebHM?si=MkievsbvVz4iOX9F 👉 Listaxe de agarda da segunda quenda: https://youtu.be/RUu7jMibXww?si=JhCjJEGpIiG2Yq5X 👉 Sorteo das 6 prazas que quedaban por ocupar por non empadronados na segunda quenda: https://youtu.be/EUDA44Jrvd8?si=sQaWDj5og8x1FrVF