Actualidade

Inicio • O Concello • Actualidade

O Concello

Danza Rosa 2026

Como xa é habitual, o Concello de Camariñas organiza unha ‘Danza Rosa’ para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. Mañá, sábado 17 de outubro as rúas do municipio tinguiranse de cor cos panos e arcos rosas en apoio ás persoas enfermas de cancro.
A actividade, en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer, consiste nunha andaina e danza de arcos. As persoas participantes sairán desde a praza do Concello ás 16:30 horas. Unha vez rematada a marcha haberá unha sesión de zumba.

O Concello

Presentación do cartel da terceira edición de “Ponte Friki”, o grande evento de cultura e lecer alternativo da Costa da Morte

  • Terá lugar o 6 e 7 de marzo de 2027 no pavillón da Ponte do Porto, onde se manterá a ampliación de carpas da edición anterior e engadiranse melloras para garantir un maior confort.
  • Sandra Insua e Encarna Liñeiro, xunto con membros da organización, desvelaron a imaxe gañadora do certame para escoller o cartel, obra do artista Javier Villa Blanco.

Servizos sociais

Nova visita do CIm Movil a Camariñas

O centro de informacion a Muller mobil vai estar en Camariñas o dia 2 de novembro de 10:00 a 12:00 Na praza do Concello.
Qué servizos prestan?
  • Asesoramento xurídico, atención psicolóxica e orientación social as mulleres víctimas de calquier forma de violencia de xénero e, de ser o caso,as persoas menores a cargo da muller víctima, ou as persoas maiores dependientes, facilitando o acceso os correspondientes recursos.
  • Atención específica as mulleres que, pola sua situación de especial vulnerabilidade, sexan susceptibles de sufrir cualquier forma de violencia de xénero.
  • Información sobre os recursos dispoñibles en el entorno local , nivel comarcal, provincial ou autonómico.
  • Calquera outra actuación que se adecúe ao obxetivo prioritario de prevención, sensibilización e loita contra todas as formas de violencia de xénero, incluidos os ámbitos sociais e laborais. 

O Concello

O Concello impulsa o proxecto “Sementando Memoria” para honrar ás vítimas do franquismo e promover os valores democráticos

· A iniciativa inclúe a creación dun Sendeiro da Memoria con realidade aumentada, a instalación de paneis informativos e a supresión de simboloxía contraria á memoria democrática.
· Os días 30 e 31 de outubro desenvolverase unha completa programación con ofrendas florais, proxección de documentais e relatorios a cargo de expertos como Rafael Lema e Luís Lamela.

Cultura

Camariñas convoca as bases do XXXIII concurso de Noveis Deseñadores da XXXVI Mostra do Encaixe

  • O prazo para presentar os traballos remata o 1 de decembro de 2026.
  • Repartiranse 4.500 euros en premios, con galardóns para as catro mellores coleccións.

O Concello

Andaina solidaria pola Ataxia de Friedreich

Este domingo, 27 de setembro, a partir das 12 horas terá lugar unha nova “Andaina solidaria pola Ataxia de Friedreich”, co obxectivo de recadar fondos para axudar a financiar as terapias necesarias do camariñán Juan Pérez González.
A marcha arrincará ás 12 horas e o punto de saída está situado no paseo da Ponte do Porto. O percorrido discorrerá por todo o paseo ata chegar á meta no Carballo de Xereixo.  
Paseo da Ponte do Porto.

O Concello

O Concello solicitará a declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia o Carme de Camariñas

  • A corporación municipal debateu este punto na sesión ordinaria de hoxe, venres 25 de setembro, ás 20:00 horas, que contou coa unanimidade de todos os grupos políticos.
 
  • Abordouse tamén a aprobación do plan de actuación municipal ante o risco de incendios forestais, a aprobación inicial do expediente de modificación de créditos 22/2026 e a aprobación da Conta Xeral do Concello de Camariñas correspondente ao ano 2025.

O Concello

Obra camiño cemiterio ingleses

O Concello de Camariñas ven de rematar a obra de reparación e conservación dun tramo da pista principal Rede Natural 2000 na contorna do Cemiterio dos Ingleses. A actuación contou cun orzamento de 12.396,99 euros e estivo cofinanciada ao 80% pola Unión Europea con fondos FEADER, 16% do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e 4% da Consellería do Medio Rural.

O Concello

O Concello mellorará a eficiencia enerxética cun renovado alumeado no núcleo de Ponte do Porto

  • A obra está financiada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia cun valor de 30.976 euros.

O Concello

O Concello de Camariñas recibe 15.000 euros da Deputación da Coruña para dinamización económica, turística e cultural

O Concello de Camariñas recibiu neste ano 2026 unha nova subvención procedente da Deputación da Coruña.