A proba arrincará este sábado 15 de agosto desde a localidade francesa de La Turballe e rematará o día 20 en Suíza tras percorrer 965 quilómetros.
O obxectivo desta iniciativa, que se iniciou no 2023 chegando a La Turballe e no 2024 a Peniche, é fortalecer os vínculos de Camariñas coas localidades irmandadas.
A chegada a Delemont ten un significado moi especial ao tratarse dunha zona onde residen familias emigrantes de Camariñas.
O equipo cruzou Francia desde a Bretaña ata a capital do cantón de Jura, pasando por tramos míticos do Tour de Francia.
Á súa chegada a Delemont, foron recibidos polas autoridades locais e arroupados pola música do grupo de gaitas Galiza Celta Delemont.
O club anuncia o seu próximo obxectivo: unha cuarta ruta ata a localidade italiana de Novedrate para seguir levando o nome da Costa da Morte por Europa.
A corporación municipal outorgou por unanimidade a máxima distinción á artista pola súa traxectoria e por proxectar o nome de Camariñas polos escenarios e teatros de todo o mundo coa cantiga tradicional.
A alcaldesa, Sandra Insua, quixo facer extensiva a homenaxe a todas as e os artistas que cantan este himno "non oficial", nun acto que contou coa presenza de mulleres palilleiras e coa actuación en directo de Budiño e Fran Barcia xunto á homenaxeada.
Luz Casal salientou que “nunca estivera en Camariñas” e explicou que “cando eu era pequena a miña nai sempre me falaba do encaixe e das palilleiras”.
Mércores 29/07/2026 – 13:00 horas O Concello celebra mañá, mércores, o pleno extraordinario para nomear a Luz Casal como "Filla Adoptiva" O Concello de Camariñas celebra mañá, mércores 29 de xullo, ás 13:00 horas un pleno extraordinario cun único punto na orde do día: a distinción de Luz Casal como Filla Adoptiva Camariñas.
A peza audiovisual, que retrata a alma da Costa da Morte a través dos seus oficios e xentes, gravouse na súa meirande parte na vila camariñana e estrearase o mércores 22 de xullo ás 20:00 h en YouTube.
O Concello, que colabora na difusión da iniciativa, anima á veciñanza a gozar dun documental que pon en valor ás nosas mariscadoras, ás palilleiras e a proxectos vitais locais.
A corporación municipal outorgará a máxima distinción á artista por ser unha embaixadora inigualable e levar o nome da vila por todo o mundo a través da súa emblemática versión da cantiga "Camariñas".
A cantante, que asistirá presencialmente ao acto aberto ao público, amosouse moi agradecida tras coñecer a noticia, asegurando que para ela é "un honor grandísimo".