As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código de procedemento BS607A.
Opcionalmente, tamén se poderán presentar presencialmente en calquera dos lugares e os rexistros previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A presentación da solicitude implicará a aceptación expresa das condicións e obrigas establecidas nesta orde, así como a aceptación da axuda.
O sábado 27 de setembro Camariñas sairá á rúa para realizar unha andaina solidaria pola Ataxia, organizada por "Con Ataxia pero Sin Límites" coa colaboración do Concello.
Iniciativa para que escolares dende infantil a bacharelato fortalezan o vínculo co mar e aprendan a relacionarse mellor coa súa contorna.
Camariñas é un dos 10 concellos que apostan por preservar o mar dende a educación dos seus estudantes a través desta iniciativa xunto a A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Santa Comba, Vimianzo, Zas, Muxía, Fisterra e Valdoviño.
Unha vez pechado no día de onte, domingo día 8 de xuño ás 23:59h, o prazo de pre-inscrición na actividade “Actividades Náuticas”, procedemos a publicar a listaxe de persoas pre-inscritas en cada unha das quendas (empadroadas e non empadroadas):
A alcaldesa e o artista asinaron o acordo de doazón da obra, que xa se puido ver nas Illas Baleares, Alicante, no Faro Vilán e na Lonxa Vella de Camariñas.
A peza invita a reflexionar sobre o drama da emigración ilegal e as duras viaxes que realizan as persoas ao atravesar o mar.
No evento participan máis de sesenta festas de interese turístico de Galicia.
No stand de Camariñas está exposta a colección gañadora da última edición do Concurso de Noveis Deseñadores, e varias pezas de Mariví Santos e Ana Miguéns, de ArtEncaixe.
Tamén haberá demostracións e venta de encaixe das asociacións Rendas e Puntillas.