Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

O Museo Man acollerá as exposicións “Surf”, de Pep Guerrero e “Canyissos”, colectiva, no mes de setembro

  • A inauguración terá lugar hoxe, venres 2 de setembro, ás 20 horas.
  • Chegan a Camariñas da man da asociación Art amb B, a través do Instituto de Estudios Baleares.

Deportes

Remate de Ioga na praia e Ioga nocturno

O Concello de Camariñas deu por finalizas as actividades de "Ioga na praia" e "Ioga nocturno", que se levaron a cabo nos meses de xullo e agosto. 
Unha media de 50 persoas participaron na actividade, de balde, que se desenvolveu en Camelle, Arou, Ponte do Porto e Camariñas.

O Concello

Camariñas deseña unha completa programación de actividades deportivas, culturais e sociais para o curso 2022/2023

  • A oferta inclúe propostas para todas as idades e o prazo de inscrición abrirase do 12 ao 30 de setembro.
  • “Ademais da variedade da programación, fixemos un gran esforzo para sacalas con tanta antelación co obxectivo de favorecer a organización e conciliación das familias”, explica Sandra Insua.

Deportes

Rematan os campamentos de verán de Camariñas, que sumaron preto de 800 inscricións

  • Os obradoiros de tempo libre celebráronse, por primeira vez, ademais de en Camariñas, na Ponte do Porto e en Camelle.

Emprego e Desenvolvemento local

Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (CELGA)

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 19 de agosto de 2022, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) en varias escolas oficiais de idiomas da Galicia.
 
 
 
 

O Concello

O Concello manterá a vixilancia na súa captación de auga e pide á cidadanía un uso racional deste ben

  • Na reunión mantida hoxe con Augas de Galicia a alcaldesa explicou que “de momento aínda non temos escaseza de auga, Camariñas capta a auga do río e de momento o bombeo cubre o consumo”.

Emprego e Desenvolvemento local

PUBLICADA AS BASES PARA A CONTRATACION DE ALUMNADO E PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO

Publicación en taboleiro do Concello

Convocatoria selección persoal: OBRADOIRO "CAMIÑO AO EMPREGO 2022"

Emprego e Desenvolvemento local

PROCESO SELECTIVO INGRESO CORPOS POLICÍA LOCAL

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 11 de agosto de 2022 unha orde pola que se convoca proceso selectivo de acceso por oposición libre e proceso de provisión por mobilidade nos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía.

Emprego e Desenvolvemento local

ABERTO O PRAZO PARA INSCRICION COMO ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO

Queres formar parte do alumnado do obradoiro de emprego? Anótate canto antes.
O alumnado seleccionado terá un contrato de 12 meses para formarse e traballar nalgunha das especialidades do Obradoiro