Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

O Concello e Mar de Fábula poñen en marcha unha campaña de concienciación para coidar o mar e a contorna natural

  • Entre as accións divulgativas está o reparto de trípticos nos domicilios e unha serie de reunións nas parroquias.
  • A primeira reunión terá lugar este venres, 10 de outubro, ás 19 horas na Casa de Pedra de Camariñas.

O Concello

A “Danza Rosa” de Camariñas conmemorará o 18 de outubro o Día Internacional contra o Cancro de Mama

  • Partirá ás 16:30 horas desde a praza do Concello, onde se representará a obra de teatro “Os contos non enchen”.
  • As persoas interesadas poden realizar a inscrición nos teléfonos 687 720 470 e 653 188 009.
  • Co donativo de 7 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer inclúese a camiseta “Camariñas un mar de piques”.

O Concello

Andaina solidaria pola ataxia

Ao redor de 160 persoas saíron hoxe, sábado 27 de setembro, á rúa para realizar unha andaina solidaria pola Ataxia, organizada por "Con Ataxia pero Sin Límites" coa colaboración do Concello.  A andaina comezou no paseo marítimo da Ponte do Porto cara a Cereixo, ida e volta. Ao remate houbo inchables, pinchos, callos e sorteos. Ademais, o evento contou cunha exposición de coches clásicos. 

O Concello

O Concello leva a pleno o proxecto para a primeira fase do Museo dos Naufraxios na que se abrirá ao público a sala “Beti Donosti”

  • Mañá, martes 7 de outubro, levará a pleno a proposta e a solicitude dunha nova subvención á Deputación da Coruña.
  • O novo proxecto iniciouse ao recibir un informe onde se recomendaba o derrubamento do edifico pero, debido ao seu alto valor sentimental, loitouse para poder rehabilitalo.
  • Nesta primeira actuación repararanse os elementos estruturais, executarase unha nova envolvente exterior e rehabilitarase a planta baixa acondicionando un espazo destinado á Sala de Exposición “Beti Donosti”.

O Concello

En marcha as obras para instalar un ascensor na casa consistorial

  • O Concello inviste 73.000 euros nesta actuación, para a que recibiu unha subvención da Xunta por valor de 40.000 euros.
  • A instalación dun ascensor era unha demanda urxente do Concello para facer máis accesible o edificio.
  • Tamén se están a renovar as oficinas de ventanilla e os aseos.

O Concello

Andaina solidaria pola Ataxia o 27 de setembro

O sábado 27 de setembro Camariñas sairá á rúa para realizar unha andaina solidaria pola Ataxia, organizada por "Con Ataxia pero Sin Límites" coa colaboración do Concello. 

Deportes

Mañá abre o prazo de inscrición para as actividades culturais e deportivas municipais do Concello de Camariñas

  • O inicio das actividades está previsto para o 1 de outubro.
  • Establécense bonificacións nas taxas, dirixidas aos perceptores de RISGA, persoas con informe de Servizos Sociais, familias numerosas ou maiores de 65 anos.

O Concello

Inícianse os traballos de mantemento de 836 puntos de luz en Camariñas, Ponte do Porto, Arou e Camelle

  • O Concello inviste 74.000 euros de fondos propios para solucionar os problemas que había na iluminación pública nos últimos meses.
  • Os traballos realízanse en Praza do Curro, Estrada Vilán, rúa da Fonte nº10, rúa Areal, rúa San Xurxo, lugar Curros nº1, lugar de Arou, e a praia de Camelle.

O Concello

A oficina de Turismo de Camariñas pecha o verán de 2025 cun récord de 7.718 visitantes

  • O Concello
  • Os traballos
 
A Oficina de Turismo de Camariñas anunciou hoxe un balance moi positivo da tempada de verán 2025, cun total de 7.718 visitantes rexistrados entre os meses de xuño, xullo e agosto. Estes datos, que reflicten un notable incremento no interese pola nosa comarca, consolidan a Camariñas como un destino turístico de primeiro nivel.

O Concello

Camariñas convoca as bases do XXXII concurso de Noveis Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe

  • O prazo para presentar os traballos remata o 1 de decembro de 2025.
  • Repartiranse 4.500 euros en premios, con galardóns para as catro mellores coleccións.