Este domingo, 27 de setembro, a partir das 12 horas terá lugar unha nova “Andaina solidaria pola Ataxia de Friedreich”, co obxectivo de recadar fondos para axudar a financiar as terapias necesarias do camariñán Juan Pérez González. A marcha arrincará ás 12 horas e o punto de saída está situado no paseo da Ponte do Porto. O percorrido discorrerá por todo o paseo ata chegar á meta no Carballo de Xereixo. Paseo da Ponte do Porto.
A corporación municipal debateu este punto na sesión ordinaria de hoxe, venres 25 de setembro, ás 20:00 horas, que contou coa unanimidade de todos os grupos políticos.
Abordouse tamén a aprobación do plan de actuación municipal ante o risco de incendios forestais, a aprobación inicial do expediente de modificación de créditos 22/2026 e a aprobación da Conta Xeral do Concello de Camariñas correspondente ao ano 2025.
O Concello de Camariñas ven de rematar a obra de reparación e conservación dun tramo da pista principal Rede Natural 2000 na contorna do Cemiterio dos Ingleses. A actuación contou cun orzamento de 12.396,99 euros e estivo cofinanciada ao 80% pola Unión Europea con fondos FEADER, 16% do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e 4% da Consellería do Medio Rural.
O Concello de Camariñas foi beneficiario dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio, Industria e Emigración da Xunta de Galicia (procedemento TR350E) por 16.902,64 euros. Esta axuda permitiu a contratación dunha persoa nova inscrita no Sistema de Garantía Xuvenil.
O Concello de Camariñas pon en marcha o "Obradoiro de Memoria e Estimulación Cognitiva", unha actividade deseñada e dirixida especificamente para persoas adultas maiores de 60 anos.