Actualidade

Inicio • O Concello • Actualidade

O Concello

Andaina solidaria pola Ataxia de Friedreich

Este domingo, 27 de setembro, a partir das 12 horas terá lugar unha nova “Andaina solidaria pola Ataxia de Friedreich”, co obxectivo de recadar fondos para axudar a financiar as terapias necesarias do camariñán Juan Pérez González.
A marcha arrincará ás 12 horas e o punto de saída está situado no paseo da Ponte do Porto. O percorrido discorrerá por todo o paseo ata chegar á meta no Carballo de Xereixo.  
Paseo da Ponte do Porto.

O Concello

O Concello solicitará a declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia o Carme de Camariñas

  • A corporación municipal debateu este punto na sesión ordinaria de hoxe, venres 25 de setembro, ás 20:00 horas, que contou coa unanimidade de todos os grupos políticos.
 
  • Abordouse tamén a aprobación do plan de actuación municipal ante o risco de incendios forestais, a aprobación inicial do expediente de modificación de créditos 22/2026 e a aprobación da Conta Xeral do Concello de Camariñas correspondente ao ano 2025.

O Concello

Obra camiño cemiterio ingleses

O Concello de Camariñas ven de rematar a obra de reparación e conservación dun tramo da pista principal Rede Natural 2000 na contorna do Cemiterio dos Ingleses. A actuación contou cun orzamento de 12.396,99 euros e estivo cofinanciada ao 80% pola Unión Europea con fondos FEADER, 16% do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e 4% da Consellería do Medio Rural.

O Concello

O Concello mellorará a eficiencia enerxética cun renovado alumeado no núcleo de Ponte do Porto

  • A obra está financiada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia cun valor de 30.976 euros.

O Concello

O Concello de Camariñas recibe 15.000 euros da Deputación da Coruña para dinamización económica, turística e cultural

O Concello de Camariñas recibiu neste ano 2026 unha nova subvención procedente da Deputación da Coruña.

O Concello

SUBVENCION GARANTIA XUVENIL 2026

O Concello de Camariñas foi beneficiario dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio, Industria e Emigración da Xunta de Galicia (procedemento TR350E) por 16.902,64 euros. Esta axuda permitiu a contratación dunha persoa nova inscrita no Sistema de Garantía Xuvenil. 

O Concello

O Concello inicia as obras de reparación e conservación dun dos accesos ao Cemiterio dos Ingleses

  • Trátase dun tramo comprendido na Rede Natura 2000 e os traballos contarán cun investimento de 15.000 euros.

Servizos sociais

Aberto o prazo de inscrición para o novo Obradoiro de Memoria e Estimulación Cognitiva

O Concello de Camariñas pon en marcha o "Obradoiro de Memoria e Estimulación Cognitiva", unha actividade deseñada e dirixida especificamente para persoas adultas maiores de 60 anos.

O Concello

O 27 de setembro celebrarase outra “Andaina por Ataxia de Friedreich” para recadar fondos

  • O obxectivo é axudar a costear as terapias do camariñán Juan Pérez González.
  • A marcha solidaria unirá a Ponte do Porto con Cereixo baixo o lema "Camiñamos xuntos, chegamos máis lonxe".Á
  • As persoas interesadas poden colaborar e inscribirse adquirindo unha camiseta solidaria por 7 euros a través do teléfono 697 828 580.