Curso: A administración preto de ti. Lugar: Aula de Informática de Camariñas. Data e horario: 17/1/2023 dende ás 11:60h. Necesaria inscricion previa O Concello de Camariñas organiza esta charla A ADMINISTRACION PRETO DE TI, formación que imparte a Subdelegación do Goberno da Coruña. Esta iniciativa foi do Ministerio de Política Territorial do Goberno de España. Este curso é gratuíto e impartirase na Aula de Informática situada no Centro de Iniciativas de Camariñas. Será o próximo 17 de xaneiro de 2023, en horario de mañá dende as 11:30h. Será necesario inscribirse previamente na Área de Emprego e Desenvolvemento Local de Camariñas. No teléfono 981 737 004, presencialmente na Casa de Pedra ou no correo electrónico adl@camarinas.net Neste curso achegaranse trámites da administración pública para aprender a realizalos na internet e se facilitará que as persoas asistentes obteñan IN SITU un certificado electrónico, concretamente o que expide Fábrica Nacional de Moneda y Timbre e o mellor para o acceso aos servizos públicos sen desprazamentos
Poden participar nesta campaña os comercios de todas as parroquias, inscribíndose antes do xoves 8 de decembro na Casa de Pedra ou respondendo ao correo electrónico enviado desde a Administración local.
A unidade móbil de renovación do Documento Nacional de Identidadedesprazarase os próximos días 25, 26 e 27 de xaneiro ao Concello deCamariñas.Reserva a túa quenda na Casa do Concello ou por teléfono no 981 73 6000 ou 665 13 37 86 de luns a venres laborais en horario de 9:00 a14:00.