Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

Becas MEC 2022

O Sábado día 12 de marzo do 2022 publicouse no BOE a resolución de 10 de marzo de 2022 pola que se convocan as bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios.

O Concello

AXUDAS PARA CAMBIO DE ELECTRODOMÉSTICOS MÁIS EFICIENTES ENERXÉTICAMENTE

📅Prazo: desde as 9:00 horas do 23/03/2022. Os fondos esgótanse todos os anos nos primeiros días.

O Concello

O goberno local baixará os ingresos por asistencia dos concelleiros como unha das medidas para resolver este ano os pagos pendentes a provedores

  • A administración local aprobará en pleno un Plan de Axuste, que incorpora esta e outras medidas necesarias para acollerse ao "Mecanismo de pago a proveedores de las entidades locales 2022" habilitado polo Ministerio de Facenda.
  • Hai ao redor de 500.000 euros pendentes de pago, que grazas a este procedemento se poderán liquidar dun xeito áxil para os afectados.
  • No día a día temos que asumir unha serie de competencias impropias que nos supoñen un sobrecusto provocando este retraso no pago de facturas, que temos que solucionar”, explica Sandra Insua

O Concello

Os 20 alumnos do obradoiro de emprego

  • As especialidades do terceiro programa mixto que realizan Camariñas, Vimianzo e Muxía son "Conservación e mellora de montes" e "Pavimentos e albanelería de urbanización".
  • Polo momento, levaron a cabo unha limpeza de diferentes espazos forestais e rehabilitaron infraestruturas nos tres municipios.

Emprego e Desenvolvemento local

LISTAS SERGAS. RELACIÓN PROVISIONAL ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 15 de marzo de 2022 unha resolución pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Emprego e Desenvolvemento local

LISTAS SERGAS. RELACIÓN PROVISIONAL ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS E RESULTADOS PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO

O Servizo Galego de Saúde publicou, a través da Dirección Xeral de Recursos Humanos, unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 10 de marzo de 2022 pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categoría de persoal estatutario.

O Concello

O Concello levará a pleno un convenio coa Autoridade Portuaria para a cesión da estrada ao faro Vilán

  • É o primeiro paso para que a Autoridade Portuaria poida licitar o proxecto de arranxo da vía que, unha vez executado, pasará a ser de titularidade municipal.

O Concello

Camariñas presentará no pleno a súa primeira RPT para igualar as retribucións do persoal laboral e funcionario

  • O texto foi acordado cos representantes dos traballadores na Mesa Xeral de Negociación e irá a pleno o 18 de marzo para a súa aprobación inicial.
  • A RPT conta co informe favorable de Intervención e Secretaría e permitirá crear unha estrutura municipal eficaz, moderna e racionalizar recursos.
  • Un dos obxectivos desta ferramenta é poñer fin ás diferencias que existían entre o persoal laboral e o funcionario, que facían as mesmas funcións pero cobraban diferente”, explica Sandra Insua.
 

O Concello

Exposicións, actividades co alumnado, deporte e moita reivindicación nas actividades do 8M de Camariñas

  • O día 8, ás 12 horas, haberá unha concentración na praza da Insuela.
  • O 11 de marzo, en colaboración co Club Balonmán Camariñas, organizouse o I Torneo Feminino de Balonmán en Igualdade.

Emprego e Desenvolvemento local

LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro de 2022 pola que acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.