- O Concello de Camariñas levou a cabo hoxe unha homenaxe ás persoas que axudaron, hai 20 anos, nas labores de limpeza da costa tralo afundimento do petroleiro.
- O acto contou coa presenza da ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, ademais de representantes doutras institucións e da sociedade civil.
- A programación incluíu unha mesa redonda con experiencias e relatos sobre o afundimento, unha exposición de fotografías e a instalación dun mural na Lonxa Vella.








