Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

O SERGAS informa de que desde mañá xoves estará cuberto o servizo de pediatría en Camariñas

  • A rexedora trasladáralle o luns ao xerente da área sanitaria o malestar e a preocupación da veciñanza, que se vía obrigada a recorrer á sanidade privada.
 

Emprego e Desenvolvemento local

Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2022

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 15 de febreiro as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2022.
Código de procedemento: ED527A
 

Emprego e Desenvolvemento local

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 25 de febreiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.

Emprego e Desenvolvemento local

AVISO -- O DÍA 1 DE MARZO A CASA DE PEDRA PERMANECERÁ PECHADA

con motivo da festividade de Martes de Entroido. As persoas que queiran renovar a tarxeta de demanda ou mellora de emprego ese día no PID poden facelo o mércores 2 de marzo
 
Para calquera consulta urxente relacionada coa demanda de emprego pódese contactar coa Oficina de emprego de Cee 881880480 que estará aberta ese día no seu horario habitual de 9:00 – 14:00
 
A orientadora laboral

Deportes

Camariñas abre as inscricións para a súa X Carreira Pedestre e solidaria dentro do 7º Circuíto “Correndo pola Costa da Morte”

  • A proba terá lugar o 20 de marzo e recadaranse fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro.
  • As inscricións poden realizarse en correndopolacostadamorte.com

Emprego e Desenvolvemento local

CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE

A Xunta de Galicia vén de convocar no DOG do 16 de febreiro probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación. As competencias clave que se convocan son as seguintes:

O Concello

O departamento da Mostra envía 1.000 metros de encaixe aos 25 participantes do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores

  • Algúns xa o recibiron e noutros casos o material está en camiño para que poidan ter listas as súas pezas para o evento, que terá lugar do 13 ao 17 de abril.

O Concello

O Concello acorda ofertar o Centro de Iniciativas para que funcione como Casa do Maior

  • As persoas promotoras de proxectos deste tipo disporán dunha gran aula deste inmoble para habilitar a que sería a segunda Casa do Maior de Camariñas.
  • Sandra Insua destacou que “queremos colaborar no fomento da autonomía das persoas maiores” e explicou que “tomamos a iniciativa iniciativa de dar utilidade social a un ben municipal”.

O Concello

O Concello publica a oitava entrega de “Eu Son Camariñas” con Juan Cabrejo, director da Escola de Fútbol municipal

  • A protagonista, ex futbolista profesional, fala da súa traxectoria e do proxecto que ten actualmente entre mans formando ás novas xeracións.
 
  • Cada mes publicarase na páxina web eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un veciño ou veciño de Camariñas que destaque no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social.