- A administración local aprobará en pleno un Plan de Axuste, que incorpora esta e outras medidas necesarias para acollerse ao "Mecanismo de pago a proveedores de las entidades locales 2022" habilitado polo Ministerio de Facenda.
- Hai ao redor de 500.000 euros pendentes de pago, que grazas a este procedemento se poderán liquidar dun xeito áxil para os afectados.
- “No día a día temos que asumir unha serie de competencias impropias que nos supoñen un sobrecusto provocando este retraso no pago de facturas, que temos que solucionar”, explica Sandra Insua