Actualidade

Emprego e Desenvolvemento local

PROCESOS SELECTIVOS SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

Servizo Galego de Saúde
RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.

Emprego e Desenvolvemento local

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2023

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 5 de xaneiro as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2023.

Emprego e Desenvolvemento local

OFERTAS EMPREGO PÚBLICO XUNTA DE GALICIA 2022

Consellería de Facenda e Administración Pública
DECRETO 217/2022, do 22 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Emprego e Desenvolvemento local

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA

Se te anotaches no 2022 nas listas de vinculacións da Xunta de Galicia
 
Comproba canto antes os teus datos porque saíron as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas do ano 2022   (DOG 29 de decembro)

Emprego e Desenvolvemento local

Curso: A administración preto de ti

Curso: A administración preto de ti.  Lugar: Aula de Informática de Camariñas. Data e horario: 17/1/2023 dende ás 11:60h. Necesaria inscricion previa
 O Concello de Camariñas organiza esta charla A ADMINISTRACION PRETO DE TI, formación que imparte a Subdelegación do Goberno da Coruña. Esta iniciativa foi do Ministerio de Política Territorial do Goberno de España.
Este curso é gratuíto e impartirase na Aula de Informática situada no Centro de Iniciativas de Camariñas. Será o próximo 17 de xaneiro de 2023, en horario de mañá dende as 11:30h.
Será necesario inscribirse previamente na Área de Emprego e Desenvolvemento Local de Camariñas. No teléfono 981 737 004, presencialmente na Casa de Pedra ou no correo electrónico adl@camarinas.net
Neste curso achegaranse trámites da administración pública para aprender a realizalos na internet e se facilitará que as persoas asistentes obteñan IN SITU un certificado electrónico, concretamente o que expide Fábrica Nacional de Moneda y Timbre e o mellor para o acceso aos servizos públicos sen desprazamentos

Emprego e Desenvolvemento local

Concello e comercio local impulsan a campaña “Merca e gaña en Camariñas” con máis de 9.000 euros para a clientela

  • Poden participar nesta campaña os comercios de todas as parroquias, inscribíndose antes do xoves 8 de decembro na Casa de Pedra ou respondendo ao correo electrónico enviado desde a Administración local.

Emprego e Desenvolvemento local

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA ACCESIBILIDADE DE VIVENDAS

O Instituo Galego de Vivenda e Solo abre o prazo ata o 7 de novembro de 2022 para solicitar estas axudas para as vivendas construídas e rematadas antes do ano 2006.
Pode solicitar persoas propietarias, usufructuarias, arrendatarias, comunidades de veciños, agrupacións de propiestarios/as
Para realizar obras e actuacións que melloren a accesibilidade de persoas con problemas de mobilidade ou minusvalías.
1 2 3 4 56 7 8 9 10