Actualidade

Emprego e Desenvolvemento local

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

Código do procedemento: ED540A
 
Requisitos das persoas aspirantes: 
 
-       Ser maior de 18 anos ou cumprir esa idade no ano 2025.
 
-       Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
 
-       Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2024/25 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
 
-       O alumnado matriculado durante o curso 2024/25 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
 
  • Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo,para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
 

Emprego e Desenvolvemento local

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 7 de febreiro de 2025, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Poderán solicitalos persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria.
 
Hai dúas modalidades:
-      Cursos presenciais: Celga 2, Celga 3 e Celga 4
-         Cursos en liña: Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Emprego e Desenvolvemento local

CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE

A Xunta de Galicia vén de convocar no DOG do 14 de xaneiro probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos  certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación. As competencias clave que se convocan son as seguintes: 

  • Comunicación en lingua galega 
  • Comunicación en lingua castelá 
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés) 
  • Competencia matemática 

Emprego e Desenvolvemento local

TRANSFORMACION DIXITAL NO AGRO

o Concello de Camariñas colabora con Asesoria Agro Novo para impartir o curso TRANSFORMACION DIXITAL NO AGRO. 

Emprego e Desenvolvemento local

Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (CELGA)

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 26 de xuño de 2024, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) en varias escolas oficiais de idiomas da Galicia.