Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

Emprego e Desenvolvemento local

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 10 de febreiro de 2023, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

O Concello

O Concello inicia as obras de renovación do pavimento e do saneamento na rúa Rozas, en Arou

  • Esta actuación ten un orzamento de 48.386,97 euros e está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
  • Realizarase unha actuación de urbanización da zona, renovando todos os pavimentos, a rede de saneamento, as acometidas e construíndo unha rede de pluviais.

O Concello

O Concello inicia a construción dunha senda peonil na pista de Lingunde

  • Esta actuación ten un orzamento de 71.000 euros e está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
  • Ademais da senda, que se desenvolverá na marxe esquerda da vía, mellorarase o pavimento da calzada, instalarase a canalización de pluviais e pintaranse tres pasos de peóns.

Deportes

O “3H BTT Circuíto da Caramiña”, proba da Copa Galicia de Resistencia, chega este domingo a Camariñas

  • A cita, organizada por Baikers do Vilán en colaboración co Concello, ten saída e meta na área recreativa do Ariño.
  • Participan 217 bikers, con comezo ás 10 horas, e é unha ruta circular de 6 quilómetros ao redor do Monte da Insua.

O Concello

MULLER DIXITAL

  • Curso de competencias dixitais avanzadas
 

O Concello

O Concello elabora un proxecto de 400.000 euros para rehabilitar a Casa do Mar de Camelle e poñela ao servizo da veciñanza

  • O pasado venres aprobouse en pleno, por unanimidade, solicitar á Tesourería Xeral da Seguridade Social a cesión gratuíta da titularidade da primeira planta do edificio.
  • A actuación prevista permitirá reparar a estrutura e a envolvente e acondicionar o espazo para o seu novo uso.

O Concello

Festa, música, comparsas e o enterro da sardiña enchen a programación do Entroido de Camariñas

  • O Concello publicou a programación de actos para o Entroido, que se desenvolverá en todas as parroquias.
  • O 19 de febreiro terá lugar o desfile de comparsas na Ponte do Porto e o 21 de febreiro será o de Camariñas.
  • O Enterro da Sardiña está previsto para o sábado 25 de febreiro.

O Concello

Camariñas destina 306.000 euros do Plan Único a ampliar o SAF, pavimentar rúas e camiños, gasto corrente e redución de débeda

  • O goberno local levará este venres a pleno a proposta para a súa aprobación.
  • As obras que se acometerán nun primeiro momento son o arranxo das rúas no lugar de Dor e a reparación de pistas no lugar de Trasteiro, en Xaviña.
  • No Plan Complementario incluíronse seis proxectos que suman 544.954,69 euros.

O Concello

A XXXII Mostra do Encaixe abre as inscricións para formar parte do voluntariado desta cita

  • As persoas interesadas poden chamar ou enviar mensaxe de Whatsapp ao teléfono 653 26 55 29 ou por correo no enderezo dolores.lema@camarinas.net.