A sinatura do convenio tivo lugar esta mañá no pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, entre a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e Arturo Ouro Hortas, presidente da Asociación de Artesáns e Comerciantes “Ourives de Compostela”.
O Concello de Camariñas recibiu o distintivo de membro da categoría de Prata da rede galega de praias sen fume por ter declarado, como mínimo, o 50% dos nosos areais sen fume. Os areais que contan con este distintivo son: Lingunde, Camelle, Ariño e Arou.
Ao redor de 200 persoas saíron hoxe, domingo 25 de setembro, á rúa para facer unha andaina solidaria e así recadar fondos para loitar contra a ataxia, unha enfermidade rara caracterizada pola falta de coordinación nos movementos.
O percorrido comezou na zona do paseo fluvial, atravesando parte da Ruta dos Muíños, na Ponte do Porto. Ao final houbo un picoteo, actuacións musicais e inchábeis para os máis pequenos.
A acción terá lugar o sábado 22 de outubro cunha andaina a partir das 16 horas e, posteriormente, parada na Casa de Pedra para asistir a unha charla do doutor Francisco J. Blanco.
As persoas interesadas na camiseta do evento poderán recollela no Concello cun donativo de 5 euros que irá a parar á Asociación Española Contra el Cáncer.
A actividade está dirixida a todas as familias que queiran desfrutar dunha xornada lúdico festiva.
Os rapaces e rapazas poderán practicar ciclismo, fútbol, balonmán, judo, xadrez e tenis de mesa así como circuítos de seguridade viaria e demostracións de primeiros auxilios.
Este domingo saimos a rúa para facer unha andaina solidaria e así recadar fondos para loitar contra a ataxia, unha enfermidade rara caracterizada pola falta de coordinación nos movementos.
O percorrido comezará na zona do paseo fluvial, atravesando parte da Ruta dos Muíños, na Ponte do Porto. Ao final haberá un picoteo, actuacións musicais e inchábeis para os máis pequenos.
A proba escrita para participar no Obradoiro de Emprego será este mércores 14, na Casa da Cultura de Vimianzo, co seguinte horario:
- Alumnado: ás 12:30 h - Persoal docente e de apoio: ás 10:00 h A convocatoria está publicada na web https://bit.ly/3DpJR10 As persoas que están no listado remitido pola oficina de emprego en https://bit.ly/3xfA4ai , poden entregar a sua solicitude ata hoxe luns 12, na Casa de Pedra de Camariñas, antes da 13:00