Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

Servizos sociais

ANDAINA GUIADA “DÍA DA MULLER”

8 DE MARZO
SAÍDA: Ás 17H
LUGAR: Camariñas

Emprego e Desenvolvemento local

Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2023

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 24 de febreiro as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2023.
Código de procedemento: ED527A

O Concello

MULLER DIXITAL

INICIO: 9 de marzo
HORARIO: de 16:30 a 20:30

Emprego e Desenvolvemento local

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 25 de febreiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.

O Concello

Enterro da sardiña

O Concello de Camariñas pechará mañá, sábado 25 de febreiro, a súa programación de Entroido co Enterro da Sardiña.

Deportes

Camariñas abre as inscricións para a súa XI Carreira Pedestre e solidaria dentro do Circuíto “Correndo pola Costa da Morte”

  • A proba terá lugar o 5 de marzo e recadaranse fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro.
  • As inscricións poden realizarse en correndopolacostadamorte.com.

O Concello

CONCURSO DE COMPARSAS

Esta tarde, o Pavillón Víctor Vigo de Camariñas acolleu o concurso de comparsas polo Entroido 2023, cos seguintes resultados: 
  1. - Nativos americanos
  2. - O reloxo da vida
  3. - Os Enjominados de Sé

O Concello

Sandra Insua urxe á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade “a reactivar o proxecto de prolongación da autovía ata Calo”

  • A alcaldesa reuniuse con Ethel Vázquez e lembrou que “xa van moitos anos de promesas incumpridas”, sinalando que “é unha infraestrutura esencial para mellorar a mobilidade da veciñanza e a competitividade das nosas empresas”.
  • No encontro tamén se abordou o amaño da estrada AC-432 e dalgúns tramos de vías antigas que aínda son propiedade autonómica.

O Concello

Iniciadas as obras de reurbanización das rúas Ramón Noguera e Irmáns Fernández

  • Esta actuación ten un orzamento de 128.346,03 euros e está financiada a través dun convenio coa Deputación da Coruña.