- Sandra Insua, Sergio Caamaño e Begoña Tajes achegáronse ao Cemiterio dos Ingleses, no día no que se cumpren 133 anos do afundimento do navío inglés, para realizar a tradicional ofrenda floral.
- Os nomes das vítimas dos afundimentos do Iris e o Trinacria xa locen no lugar onde foron enterradas.
- Sandra Insua explicou que “queremos poñer en valor o cemiterio e a historia de Camariñas” e adiantou que “a semana que vén colocaremos no paseo unha exposición sobre naufraxios”.






