Consellería de Facenda e Administración Pública RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría de minas; escala de arqueólogos; escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos, bibliotecas e museos.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 18 de marzo as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. Código do procedemento: PL500C
Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 17 de marzo de 2022 unha orde pola que se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión mediante contrato laboral temporal de postos de auxiliares de policía local
O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 15 de marzo de 2022 unha resolución pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.
O Servizo Galego de Saúde publicou, a través da Dirección Xeral de Recursos Humanos, unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 10 de marzo de 2022 pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporalde diversas categoría de persoal estatutario.
A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro de 2022 pola que acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.