Sandra Insua e Sergio Caamaño reuníronse o pasado venres co presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal.
No encontro tamén lle trasladaron os problemas do marisqueo, a devolución da fianza á comisión de festas de Camelle e presentouse o proxecto da terceira fase do paseo.
O Concello de Camariñas fai un chamamento á cidadanía para que se sume á ‘Danza Rosa’, unha iniciativa que se levará a cabo mañá, sábado 21 de outubro para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.
🐠 Se tes un proxecto relacionado co mar, podes solicitar as axudas para inversións en novas actividades económicas ou que supoñan a creación ou mantemento de emprego
A taxa de paro rexistrado é do 10,87%, un 3,24% menos que no 2022 e un 12,77% menos que hai 10 anos, no 2023.
Desde a Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) indican que estes bos datos teñen que ver cunha tendencia xeneralizada de baixada do paro en toda a comarca.
🔵 Apura e descarga o teu Bono Activa Comercio de 30 €, para gastalos antes de que se acaben os fondos, en https://www.bonosactivacomercio.gal/ , ou ven á Casa de Pedra. Cita previa no 981 737 004. 💙 Tes 17 comercios no concello para cambiar o teu bono de 30 € #BonosActivaComercio
Será o sábado, 21 de outubro, e partirá ás 16 horas desde a praza do Concello ao Pavillón de Camariñas, no que se impartirá unha clase de zumba e repartirase auga e froita
As persoas interesadas poden realizar a inscrición no Concello ou no local Chuchelandy, que inclúe un pano rosa co donativo de 5 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer