- Hoxe deuse a coñecer o programa desta nova edición, que terá lugar do 16 ao 20 de abril e que busca salientar a forte conexión que existe na vila entre o mar e o encaixe.
- Nesta edición estréase un novo concepto, a “Firma Emerxente”, unha iniciativa coa que se pretende axudar aos deseñadores emerxentes a consolidarse como marca.
- As actuacións de Fillas de Cassandra, Budiño, Soledad Vidal, Rocío Camaño o monólogo de David Amor ou as catro presentacións de libros son as actividades paralelas.






