Unha vez finalizado o prazo de inscrición do Obradoiro deportivo de tempo libre - verán 2023, comunicamos que todas as inscricións foron admitidas. Deste xeito tódol@s rapaces e rapazas que realizaron a inscrición poderán disfrutar da actividade. O Obradoiro levarase a cabo en tódalas parroquias durante as 4 quendas, dado que se superou o número mínimo de participantes establecido en cada unha delas.
Así mesmo, rogamos que as solicitudes que non formalizaron o pago da cuota establecida o fagan nos vindeiros días (venres 23 como data límite) achegando o xustificante de pago no departamento de deportes ou vía email (deportes@camarinas.net). As inscricións que finalmente renuncien a participar no Obradoiro deben enviar un correo a deportes@camarinas.net manifestando dita renuncia, coa maior brevidade posible.
Si houbera alguén máis interesado e se lle pasara o prazo de inscrición, pode poñerse en contacto co departmaento de deportes para corroborar si houbera prazas libres nas quendas e parroquias desexadas.
O inicio da actividade será o luns 3 de Xullo co comezo da 1ª quenda. O horario de entrada será ás 10h ao igual que de todo o verán, no Pavillón Municipal Víctor Vigo de Camariñas, no Pavillón Municipal de Ponte do Porto e no Museo de Man de Camelle, segundo corresponda. A hora de saída será ás 13:30h. Calquera dúbida ou suxerencia, non duden en poñerse en contacto co departamento de deportes no teléfono 662519133.
O día 13 de Xuño ás 12:10h no Salón de Plenos do Concello de Camariñas, estando presentes D. Juan Ramón Canosa Ferreira (Técnico Deportivo do Concello de Camariñas) e D. Xabier Canosa Ferreira (Monitor) realizouse o sorteo das prazas libres da 1ª quenda das actividades acuáticas. A listaxe de persoas que entraron nas mesmas foi:
O Concello expón as pezas que o alumnado da EASD Mestre Mateo levou ao desfile de ArtEncaixe e a colección gañadora do concurso de Jóvenes Deseñadores.
Sandra Insua e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes asistiron hoxe á inauguración do evento, en Silleda.
Desde o Concello de Camariñas lamentamos o falecemento do que foi alcalde durante 24 anos, Juan Bautista Santos, e queremos dar o pésame aos seus familiares e amigos nestes duros momentos.Ante esta nova o goberno local decidiu suspender os actos de fin de curso que estaba previsto que se celebrasen esta fin de semana.
Sandra Insua púxose en contacto coa Delegación do Goberno para que rectificase o cambio que entrou en vigor o 1 de maio, pasando a atención a ser só os martes e os xoves.
O ISM volverá a abrir como o facía previamente a esta data, de luns a venres, de 9 a 14 horas e de xeito presencial.