Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

Cultura

Lola de Logaro transforma o encaixe de subsistencia en rebeldía e liberdade na pasarela do ArtEncaixe da Mostra de Camariñas

  • A artesá textil presentará a colección cápsula Ganapán 2026, unha proposta que fusiona a austeridade da costa galega coa estética noir e a rebeldía das flappers dos anos 20.
  • O encaixe de Camariñas deixa de ser un mero ornamento para converterse no eixe estrutural de pezas de autor onde dialoga co ganchillo, a calceta e o tul metalizado.

Emprego e Desenvolvemento local

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2026

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 6 de marzo as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2026.

O Concello

O Concello de Camariñas consolida a súa estabilidade económica cun remanente de 481.000 euros

  • A liquidación do último orzamento arroxa un saldo positivo de 480.985,18 euros, encadeando un novo exercicio de saneamento das contas municipais.
  • O goberno local destaca o cumprimento, un ano máis, das regras fiscais, o que reafirma a xestión responsable e rigorosa do diñeiro público.

Cultura

Unha Semana Santa máis, o fío converterase en arte na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

  • Hoxe deuse a coñecer un avance do programa desta nova edición, que terá lugar do 1 ao 5 de abril e que o destaca como punto onde late con máis forza o corazón da artesanía en Galicia.
  • As actuacións de Luar na Lubre, Antía Muíño, Sebastián Allones Dans, o tributo a “Las guerreras del Kpop” o monólogo de Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola ou as 6 presentacións de libros son algunhas das actividades paralelas.
  • O deseñador José Perea confeccionará un traxe en directo en tempo récord.
  • Antes da inauguración oficial celebrarse no recinto un pleno para cambiar o nome da Avenida Ambrosio Feijoo por Avenida das Palilleiras.

Cultura

O mundo “friki” toma a Costa da Morte: a Ponte do Porto acollerá a segunda e ambiciosa edición de PonteFriki

  • O evento celebrarase a vindeira fin de semana, o 14 e o 15 de marzo, no polideportivo da Ponte do Porto, ampliando o seu recinto con tres carpas climatizadas para ofrecer o dobre de actividades.
  • A cita contará con convidados de luxo como a pianista e creadora de contido Elesky e o actor de dobraxe Julio Lorenzo, a mítica voz en galego de Goku.
  • O sábado pola noite celebrarase a “PartyFriki”, de entrada gratuíta, cun lanzamento de faroliños, o concerto de Os Gremlins e a música de DJ Mai.

Deportes

A XIV Carreira Pedestre bate o récord de inscritos coa participación de 962 persoas

  • A proba terá lugar este domingo, 8 de marzo, e recadaranse fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro.
  • O Concello instalará un punto violeta para conmemorar o Día da Muller.

O Concello

O Concello proxecta crear unha fonte na Praza da Insuela e plantar novas árbores no porto

  • O goberno local ven de solicitar unha subvención á Xunta de Galicia para financiar o proxecto, que conta cun orzamento total de 75.000 euros.
  • As actuacións inclúen a instalación dunha fonte ornamental con asentos na Praza da Insuela e a mellora da permeabilidade do chan.
  • No porto plantaranse novas árbores resistentes ao sal e ao vento para crear zonas de sombra aos bancos á beira do mar.

Emprego e Desenvolvemento local

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 10 de febreiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.

Servizos sociais

“Chicas nuevas 24 horas”, de Mabel Lozano, achega a Camariñas a realidade da trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual

  • A Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia), en colaboración co Concello de Camariñas, promove a mostra.
  • Mañá, xoves 5 de marzo, están programadas actividades didácticas co alumnado do IES Pedra da Aguia.
  • O 12 de marzo ás 18:30 horas terá lugar no Museo do Encaixe a proxección do documental “Chicas nuevas 24 horas” con entrada libre ata completar aforo.

O Concello

O Concello renomeará a Avenida Ambrosio Feijoo como “Avenida das Palilleiras” no marco do 8M

  • A medida, recollida no Plan de Igualdade municipal, busca recoñecer a figura destas artesás e feminizar o rueiro con referentes femininos.
  • Á vez, o Concello cumpre a Lei de Memoria Histórica eliminando o nome do xeneral Ambrosio Feijoo.
  • O cambio farase efectivo nun Pleno extraordinario que se celebrará o 1 de abril no propio recinto da XXXV Mostra do Encaixe, xunto ás grandes protagonistas do noso patrimonio.