Hoxe deuse a coñecer o programa desta nova edición, que terá lugar do 5 ao 9 de abril e que pretende reivindicar a influencia da súa pasarela de moda, a aplicación do encaixe como complemento na roupa e as paisaxes do municipio.
Nesta edición o protagonismo será para os desfiles, que aumentan a súa presencia durante todas as xornadas.
O concerto do camariñán Lopes ou o monólogo de Touriñán, son as actividades que se saen da programación habitual.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 6 de marzo as probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4.
Solicítase a colaboración da cidadanía para evitar agora que as vespas raíñas formen os niños.
O líquido atraínte proposto faise con produtos e materiais fáciles de adquirir: 2,5 litros de auga, 25 gramos de levadura fresca, 1 quilo de azucre e 2 culleradas de vinagre de mazá.
Tamén se recorda que, se se ve un niño de velutinas, hai que chamar ao 012 para que o retiren.
A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro de 2023 unha orde pola que se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión mediante contrato laboral temporal de postos de auxiliares de policía local
A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 01 de marzo de 2023 pola que acorda o peche de determinadas listas, así como a apertura doutras para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 24 de febreiro as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2023. Código de procedemento: ED527A